Activada a tramitación das licenzas do 2021

No día de hoxe a RFEC activou a zona privada para a tramitación das licenzas da tempada 2021 co fin de que poida xestionar con antelación as licenzas dos seus federados e que a día 1 de xaneiro estean en posesión da licenza e coa cobertura dos seguros en vigor.

O sistema de tramitación das licenzas realizarase da mesma forma que na tempada pasada, a través da zona privada do seu club na nosa plataforma web.

TRAMITAR LICENCIA 2021

Licencias 2021 FGC

A vindeira semana, o martes día 22, arrancará a campaña de licenzas 2021 en Galicia. En cumprimentos dos Estatutos da Federación Galega de Ciclismo (art. 4.6), a Asemblea Xeral da FGC é a competente para aprobar as categorías das licenzas, así como o seu prezo as condicións de expedición de conformidade coa normativa legal e regulamentaria ditada pola Administración deportiva de Galicia.

+INFO FGC