Coronavirus: comunicado da FGC sobre as saídas en bicicleta dos federados

O mediador do seguro da Federación Galega de Ciclismo (FGC) advirte que unha vez que se limite a liberdade de circulación das persoas e dos vehículos, os seguros deixarán de dar cobertura aos federados.

Aplicando o estado de alarma, o Goberno prohibirá desprazamentos que non sexan de forza maior dende o luns ás 08:00 horas. No Artigo 6 do Real Decreto especifícase os únicos casos nos que os cidadáns poderán circular polas vías de uso público:

a) Para a adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade.

b) Para asistencia a centros sanitarios

c) Para desprazamentos ao lugar de traballo onde se efectúa a prestación laboral, profesional ou empresarial

d) Para retornar ao lugar de residencia habitual

e) Para asistencia e coidado dos maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

f) Para desprazarse ás entidades financieiras

g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade

 

Ante todo a FGC apela ao sentido común. Evita riscos. Queda na casa e non satures o Servizo de Saúde. #QuedaNaCasa

 

VER INFO

II ENDURO PICARAÑA

Clasificación:

28 – MALLO GARRIDO Pablo – 5 Master 40

58 – RODRIGUEZ LOPEZ Juan Andres – 17 MASTER 40

67 – ROMERO BLANCO Jose Manuel – 1 MASTER 50

76 – BARREIRO ALONSO Ruben – 10 MASTER 30

78 – COMESAÑA COELHO Luis – 8 SUB 23

95 – MARTINEZ SANTAMARIÑA Jesus – 7 MASTER 50

110 – SEOANE VELASCO Jonathan – 18 MASTER 30

124 – CARRERA RUA Jorge Enrique – 36 MASTER 40

126 – PAZOS DEL RIO Jose Luis – 20 MASTER 30

148 –  VILAS MARTINEZ Julio Domingo 43 MASTER 40

174 – CARBALLAL RODRIGUEZ Efren – 54 MASTER 40

175 – MISA SOTO Sergio – 55 MASTER 40

178 – PAIS LORES Francisco Javier 24 MASTER 30

182 – QUINTAS PEREZ Eladio – 16 MASTER 50

187 – GARCIA ESTEVEZ Santiago – 27 MASTER 30

193 – CARNERO FERREIRO Celso – 21 E-Bikes

199 –  RODRIGUEZ FERNANDEZ Carlos – 27 MASTER 30

 

 

 

 

IV Enduro Serra do Galiñeiro

El club ciclista +enduro mtb, con la colaboración del club ciclista MR BIKES, y apoyado por el Ayuntamiento de Gondomar, organiza de nuevo esta carrera de enduro mountain bike.

Se celebrará el domingo 31 de Mayo del presente 2020, siendo el sábado 30, día de entrenamientos libres.

Tendrá lugar en el ayuntamiento de Gondomar, provincia de Pontevedra, dentro de la Comunidad de Montes de Vincios; Siendo su punto neurálgico el entorno de la “Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios”

La prueba constará de 5 tramos de enlace (TE) con tiempos cerrados y 5 tramos cronometrados (TC) individuales. Los TC tendrán un perfil descendente con pequeños tramos de pedaleo dentro de los mismos. La suma de todos los TC y TE darán una distancia aproximada de 25km y un desnivel positivo estimado de 1100mts.

 

Validez e funcións da Licenza Dixital

Durante a reunión mantida o pasado 25 de setembro na que tratamos a campaña de licenzas 2020 indicouse que desde a RFEC desenvolveríase a plataforma para que calquera federado tivese na súa zona privada a licenza dixital. Deste xeito seguiamos as indicacións UCI que permiten a emisión da licenza dixital sempre que esta sexa a través dun sistema que permita a acreditación da validez da licenza en tempo real. Neste caso, a nosa plataforma ofrece as suficientes garantías para desenvolver e implementar a licenza dixital, xa que está conectada co servidor UCI.

A licenza dixital é a representación gráfica da licenza física, e dita licenza ten a mesma validez que a licenza física. Por iso, calquera federado que acuda a unha proba, desde a súa zona privada poderá mostrar a licenza dixital, tendo esta a mesma validez que se se presentase a licenza física. A licenza dixital só aparece cando a licenza está validada.

Doutra banda, indicámoslle que a licenza dixital é individual, polo que está asociada á zona privada do federado posuidor da mesma. Se o federado non ten zona privada, non terá a licenza dixital de ningún modo. Da mesma forma, un club non ten a licenza dixital dos seus socios na zona privada do club.

Por último, indicámoslle que trasladamos o noso procedemento á UCI, a cal nos felicitou pola implementación da licenza dixital. Por iso querémosvos facer eco desta felicitación, xa que é un traballo tanto da o RFEC como das federacións autonómicas.

VER NOTICIA

Resumo da Asamblea Xeral Ordinaria da FGC 2019

Este sábado, 7 de decembro, a Federación Galega de Ciclismo celebrou a súa Asamblea Xeral Ordinaria. A sesión arrincou co primeiro punto do orde do día, a aprobación das dúas actas de reunións anteriores. No segundo punto, deuse paso á exposición do orzamento do exercicio 2020 aprobado por unanimidade. O terceiro punto, as Obrigacións Financeiras 2020 nas que se trataron os prezos das taxas e licenzas foron aprobadas por maioría de votos. Destacar a conxelación das taxas federativas e arbitraxe. Os prezos de licenzas varían para os másters, igualándose co novo prezo das licenzas élite-sub 23, todas elas a 105 euros e para os cicloturistas que pasan de 88 a 91 euros. Estas modificacións veñen derivadas polo cambio de compañía de seguro de accidentes e as melloras dos servizos concertados. O calendario deportivo 2020, cuarto punto do orden do día foi aprobado por unanimidade. O quinto, estudo da Normativa Técnica 2020, o punto máis extenso da asamblea, aprobado por maioría de votos acordaronse entre outras as seguintes novidades de cara a próxima temporada.

– En Ciclismo Escolar, límite de participación máximo 25 carreiras

– Uso de radio e outros medios de comunicación a distancia para os corredores cadete, junior, sub 23 e élite en probas de estrada

– Por seguridade, se esixirá un mínimo de 8 puntos de control con voluntarios nos circuitos de XCO

– Pago de inscripción máxima para os cadetes, 10 euros e os juniors 15 euros nas probas puntuables da Copa Galicia de Enduro e DH

– Creación de novos caixóns nas grellas de saídas das probas XCM, chamada os 50 primeiros corredores da clasificación absoluta

– Clasificación para o mellor equipo en cada proba puntuable da Copa Galicia Enduro, DH e XCM seguindo a clasificación absoluta

– Prohibición do uso de cinturóns portadorsais. Prohibición no tamaño de roda 29″ para as categorías benjamines, promesas e principiantes. Obrigatorio tapóns dos manillares de plástico. Novas normas para as probas de Mini BTT

– Cambio de sistema de clasificación para as probas de Mini DH baseado nunha manga clasificatoria e manga final

A sesión finalizou cos rogos e preguntas dos asistentes.

FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO